domingo, 6 de diciembre de 2020

Remata o outono

 Para rematar o noso proxecto do outono, durante a semana investigamos ao caracol e ao esquío.

Fixemos bonitos caracois con plastilina da cor que máis nos gusta e pintamos un esquío.


Que pequeno é o caracol e que grande é o esquío.

Familias, veredes cantas cousiñas fixemos de outono cando abrades a bolsa.


Aquí vos deixo unha canción que lles gusta moito



Cheira a Nadal

 Chegou o mes de decembro e a clase dos pequenos do Xurés ule a Nadal.

Fixemos estrelas e bolas con papeliños, purpurina, virutas... e tamén coa nosa letra!

Ademais empezamos a crear para o noso recuncho as obras de arte que disfrutamos facendo. Ollade o vídeo se queredes saber o que fixemos.

Mirade que bonita e navideña quedou a nosa porta.

Esta longa fin de semana pedímosvos ás familias que nos axudedes a facer algunha manualidade navideña en familia para decorar a nosa aula.

Non esquezades o importante que é para nós os nen@s compartir os traballiños da casa.

Moitas gracias familias!

Tristeza 2

 No recuncho das emocións contámonos que cousas nos fan estar tristes

Comezamos a ler un novo libro titulado "Que bigotes me pasa". Un conto no que ao protagonista lle ocorre o  mesmo que a nós




Grazas a unha compañeira que me facilitou a posibilidade de coñecer un libro tan interesante.


Outra letra

 Rematamos o animalario da inicial dos nomes da clase coa letra J de Jesús


Seguiremos aprendendo cos nomes da clase.

Ademais estivemos traballando o trazo horizontal pintando con bastonciños e con cepillo de dentes. Que ben traballamos e que chuli nos quedou.

Papá e mamá, podedes axudarlles na casa a facer trazos horizontais: na fariña, en sal, en pan relado, nun folio ou tamén nunha folla de periódico.

Xogamos e aprendemos (ABN)

 Esta semana os nen@s de 3 anos tivemos o noso primeiro contacto coa mesa de luz. Aprendemos e xogamos a ordenar a serie numérica e a asociarlle a cantidade a cada número.


Ademais tamén recibimos entusiasmados os novos xogos que a profe nos trouxo para ordenar os días da semana (coa serie numérica) e traballar a psicomotricidade fina e aprender as cores cos pinchos para crear mosaicos.



Como nos gustan!!



Día Internacional das persoas con discapacidade (3 de Decembro)

 Esta semana no CEIP DO XURÉS recibimos unha visita moi especial para conmemorar esta data. Visitounos Ignacio Fernández Enríquez, un mozo que nos fixo sentir dunha forma especial a importancia da loita e do esforzo. Moitas gracias campeón!

Contounos a súa historia persoal e describiunos outras formas de coñecer o mundo co visionado do conto "Conociendo el mundo con otro sentido".

Papás e mamás vede algunhas imaxe que queremos compartir con vós desta actividade



Temos que ver de novo o conto papis. Só tedes que clickar nestes enlace




O noso horto (Plantamos)

 O luns pasado, aproveitando a boa tarde de sol que tivemos, traballamos duro na nosa horta. Vede como traballamos.