

Ola familias! Quero darvos a benvida ao blog da nosa clase, a clase dos peques do Xurés, os nen@s de 3 anos. Neste blog queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos do CEIP Plurilingüe do Xurés (Lobios)
Os peques do Xurés neste novo trimestre vamos embarcarnos nunha morea de experiencias e aventuras.
- Continuamos coa aventura das emocións na arte. Recoñeceremos nas primeiras semanas a alegría e a diferentes pintores que nos expresan alegría nos seus cadros.
- Empezamos a coñecer o mundo das vogais, dos números (conteo e recoñecemento)
- Aventurámonos con experiencias de inverno na mesa de luz e mesa sensorial
...
Traballaremos moito para non sentir o frío, como podedes ver nos paneis da nosa clase
Recordades que rematamos en decembro traballando a emoción da tristeza con Frida Kahlo? Pois experimentando coas nosas posibilidades creativas, expresamos así a tristeza de Frida
Estamos tendo un mes de xaneiro moi invernal e aproveitámolo para xogos matemáticos con temática de inverno.
A través destes xogos tentamos desenvolver diferentes habilidades matemáticas: relación grafía-cantidade, a serie numérica, o conteo... E, ademais de aprender divertímonos
O xogo desta semana foi co boneco de neve: representación con signos (grafías) e representación simbólica-conteo (botóns)
A actividade máis divertida da semana foi sen dúbida facer neve (espuma de afeitar e maicena). Utilizamos espuma de afeitar que nos proporcionou unha experiencia sensorial moi divertida.
Despois creamos; si, si,creamos un "minimundo" na nosa mesa de luz. Un espazo para os nosos pingüíns e oso polar.
Observade as nosas caras de ilusión e a nosa implicación. Foi unha experiencia realmente divertida!!!
Canto viaxamos e aprendemos con este proxecto!
Esta semana chegamos a Punxín para visitar o CASTRO DE SAN CIBRAO DE LAS. Impresionounos!
Visionamos na pantalla os restos arqueolóxicos do castro e a festa que nel se celebra, a "NOITE DAS PERSEIDAS"
E, con cordón e agulla representamos a CONSTELACIÓN DE PERSEO e CHOIVA DE ESTRELAS que se observa a noite de San Lourenzo no castro
Este foi o resultado