jueves, 24 de diciembre de 2020

Despedida do 1º trimestre

 Bo Nadal a tod@s, espero que aínda que non sexa como nos gustaría o disfrutedes en familia. Saúde e sorte para tod@s. Un bico da profe Manoly.


Galería de fotos

 E como este ano os papás/mamás, debido a situación que estamos vivindo, non puidestes fotografarnos no noso debut como artistas podedes ver que guapísimos lucimos neste álbum de fotos que nos fixo a profe



Agasallos

 E como a profe está tan orgullosa de nós polo noso traballo e comportamento fixo un pequeno agasallo para nós. Como nos gustou! Que boiños somos!







As nosas postais de Nadal

 Aínda non vos ensináramos as nosas postais de Nadal!

Papás e mamás mirade que bonitas felicitacións fixemos. Todas eran superbonitas, pero como había que elixir unha a que resultou ser gañadora, por escaso número de votos, foi a de Marc.

Noraboa Marc e parabéns a tod@s por traballar con tanta ilusión.









7ª Parada: A Cova da Moura (Cenlle) 2

 Unha mina de ouro!

Rematada a nosa actividade da Cova da Moura queremos que vexades que bonita nos quedou



domingo, 20 de diciembre de 2020

7ª Parada: A Cova da Moura de Cenlle

 Soubemos da existencia dunha bonita cova en Cenlle chamada "Cova da Moura visionando o vídeo que vos invitamos a ver

Investigamos que en tempos dos romanos, que tanto nos gustan, foi unha mina de ouro.

Aquí podedes ver todo o que fixemos



Bolas de Nadal personalizadas

 Pintamos e puxemos algodón no noso gorro de Papa Noel, para personalizar a bola de Nadal que loce así de bonita no noso recuncho.









Árbore de Nadal con trazos

 Seguimos traballando o trazo vertical e horizontal, e con trazos decoramos a árbore de Nadal.








Tristeza 3. Coñecemos a Frida Kahlo

 Esta semana no recuncho de "Emocionarte" coñecemos a unha pintora mexicana, Frida Kahlo, e os seus autorretratos, e comezamos a crear a nosa obra de arte cunha técnica coa que disfrutamos un montón. Teredes que esperar a próxima semana para sorprendervos coa nosa obra artística.









As nosas letras de Nadal

 Como estamos vivindo unha época moi motivadora para nós, todas as nosas actividades teñen como base o Nadal.

Picamos a nosa letra, vestímola de Papa Noel e decorámola.

Locen, así de bonitas na nosa clase.









domingo, 13 de diciembre de 2020

Tristeza 2

 Pintamos a nosa tristeza de forma diferente: 

    1. Sopramos gotas de pintura azul para esparexela no folio e facer o fondo da nosa lámina







2. Pintámonos



3. Así de bonita nos quedou






6ª Parada: Puzo do Lago (Maside)

 Esta semana a parada no noso roteiro termal foi en Maside, no Puzo do Lago. Espazo Natural de Interese Local. Coñecemos a súa fauna e construímos a nosa maneira un hórreo típico do seu patrimonio arqueolóxico