Aínda que foi unha semana moi curta, na clase dos peques do Xurés traballamos arreo porque queremos saborear o nadal en todas as nosas actividades.
Encántanos xogar cos números na nosa árbore de nadal. Recoñecémolos, contamos e decoramos a árbore coa cantidade de adornos que nos indica o número. Cada día temos na clase a nosa árbore adornada de forma diferente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario