domingo, 29 de noviembre de 2020

4ª Parada: Feira Medieval (O Carballiño)

 Dende Ourense desprazámonos esta semana ata O Carballiño para achegarnos a época medieval, protagonista da súa feira medieval "A Liorta".

Céntramonos no seu mercadillo medieval sobresaínte nesta feira e, como nos encantan as manualidades, fixemos un montón de cousiñas para o noso posto neste mercadillo.

COLARES

Fixemos colares con macarróns tinguidos que nos serviron para traballar a motricidade fina







COROAS:

Pintamos pratos, a profe recortounos e fíxonos unha coroa que nós decoramos





DRAGÓNS:

Pintamos de cor verde rolos de papel hixiénico e pegámoslle papeis de seda na boca. Ao sopralos semella que o dragón cuspe lume. Que divertido!


MAZAS:

Arrugamos e apretamos papel de periódico e fixemos unhas fortes mazas para as loitas medievais corpo a corpo








Engadímoslle a noso mercadillo unha noria, farolillos e escudos medievais



E, como para comprar e vender no mercado fan falta moedas, a profe deunos uns portamoedas con moedas medievais para que puideramos visitar o mercadillo

Que comece o mercadillo medieval!!

Nova letra

 A letra que traballamos esta semana foi a letra F de Fernando, e a nosa foquiña deunos para facer trazos e picar, pero está super contenta de como a decoramos. Gústavos?


Tamén vos queremos ensinar o ben que imos trazando o noso nome e coñecendo as nosas letras







Os papis podedes recordar con nós na casa as letras que forman o noso nome


Tristeza 1

 Esta semana ao entrar na clase atopamos que o noso recuncho das emocións mudara de cor e... tamén os tentáculos de Blef! Agora eran azuis. Entón a profe explicounos que Blef estaba triste e a súa tristeza é azul.

Durante este mes, vamos saber de que cor é a nosa tristeza e coñeceremos a unha pintora que semellaba estar sempre triste FRIDA KAHLO. Veredes canto vamos aprender con esta muller


Lemos o conto "Lágrimas bajo la cama" e o de "Blef". Vimos imaxes de como é a cara que pomos cando estamos tristes (aínda que a algún nos costou moito expresar esta emoción)






Seguirémosvos contando cousiña de como imos recoñecendo esta emoción

Animais de outono 1

 Para rematar co proxectiño sobre o outono, comezamos esta semana a coñecer os animais do outono, adiviñade con que animaliño empezamos:

                                                        Son pequeno e moi picudo

                                                        a miña espalda é un escudo,

                                                        mira ben por onde camiñas

                                                        porque estou cheo de espiñas.

Primeiro, moldeamos en barro





Logo, clavamos macarróns para traballar a motricidade fina e completar o noso ourizo







Quedáronnos así de bonitos



Froitos secos 3

 Rematamos cos últimos dos nosos froitos secos, unha améndoa e un cacahuete. E despois de que a profe nos contase o conto de "La sorpresa de Nandi" de Eillen Browne


Familias, deixámosvos o enlace do conto por se o queredes ver con nós.


Todos puxemos a cesta na cabeza e cargamos cos nosos froitos de outono