sábado, 30 de enero de 2021

As pombas da paz

 Con motivo do "Día da paz" e da nosa ilusión por ser artistas, decidimos traballar durante esta semana a obras das pombas do pintor Pablo Ruíz Picasso.

A profe fíxonos unha pequena e sinxela presentación de Picasso, ao que lle gustaban tanto as pombas, que lle chamou a súa filla "Paloma" e a súa neta puxéronlle o nome de "Paz"



Primeiro pintamos entre todos o mural que nos iba servir para recordar durante toda a semana que data estabamos a celebrar





Coñecemos varias obras de Picasso, observámolas e fixemos unha votación: Que cadro nos gustou máis? Cal nos gustaría pintar? Por que?






Estes foron os gañadores: La niña y la paloma, La Rondé e Paloma da paz



Fixemos a nosa propia versión deles, valéndonos de papel de periódico, do grafismo e da maxia da cera branca. Menudos descubrimentos fixemos







Firmamos os nosos cadros pondo o noso nome e o apelido do autor orixinal

Visionamos a película "Valiant"; a historia dunha pequena e valente pomba.

Para poder ver a peli, tivemos unha entrada de cine, que a profe nos ticou e na que tiñamos escrito o noso novo. E tivemos flocos de millo e todo...como no cine de verdade.








Para celebrar o día da paz co resto dos compañeiros do cole, participamos na decoración dos corredores e da entrada




Pintamos o noso ladrillo pola paz e tamén a palabra que nel pegamos para formar entre todos un bonito poema





Foi unha tarde moi emotiva, na que tamén bailamos pola paz (podedes ver os vídeos no blog xeral do cole)

Levamos a casa unha pomba feita coas nosas mans





Xa temos claro que a paz non é cousa dun día e que debemos esforzarnos por mantela cada día nas nosas vidas.

10ª Parada: Fervenza de Tourón (Melón)

 Si hai algo que nos encanta cada semana é descubrir os fermosos lugares que ten a nosa provincia.

Achegámonos a Melón e neste concello visitamos a Fervenza de Tourón no río Cerves, que nace na Serra do Faro de Avión e forma fermosas fervenzas e increíbles pozas.

Aprendemos o que é unha fervenza e fixemos a nosa, na que comprobamos como cae a auga e o seu son. Quedounos así de bonitiña







Tamaños e texturas

 Un novo xogo co noso boneco de neve que dá tanto de si e nos encanta. Experimentamos coa textura da goma eva de purpurina: liso/rugoso e todos acertamos ordenando correctamente os tamaños grande/mediano/pequeno segundo nos indicou a profe



Comparamos obxectos da clase, clasificámolos... (familias esta é unha actividade que podemos facer na casa)

Máis de número

Seguimos con propostas de números e nesta semana tocoulle o turno a mesa de luz, na que utilizamos a plantilla dos números para repasar co dedo a súa grafía, e os contadores metálicos de cores para expresar a súa cantidade






Contamos moitííííísimo... e recoñecemos os números xogando co dado. Ordenamos a serie numérica ata chegar ao número que nos indica o dado.



Seguen saíndonos bonecos altos, baixos, con moitas bolas, con pouquiñas bolas...

Traballamos a serie numérica: ordenamos números, a profe escóndenos algún e descubrimos o que falta, cal vai antes e cal vai despois?...




Utilizamos unhas bonitas tarxetas para xogar e aprender entre tod@s (xogo cooperativo) na mesa relacionando número, mans e dado e formar pequenos bonecos de neve