sábado, 23 de enero de 2021

Como falan as vogais?

 Empezamos a familiarizarnos coas vogais maiúsculas: os seus nomes, os seus sons e as súa grafía.

Na asemblea traballamos moito as letras a través do nome do noso encargado/a. Vémolas escritas, escoitámolas, reproducimos o son e buscamos palabras que comecen por cada unha (isto podedes facelo con nós na casa, a modo de xogo e así seguiremos aprendendo)




Con esta idea facemos este xogo con tarxetas: eliximos tarxeta, marcamos o son inicial e clasificámolas segundo empecen por unha ou outra vogal (ao longo do trimestre iremos cambiando as tarxetas). 

Canto aprendemos!








Escoitamos a canción das vogais así de atentos


Aquí temos vídeos se queremos escoitalas na casa



Tamén seguimos aprendendo as letras dos nosos nomes, construíndo o noso propio boneco de neve


Comparamos os nomes, contamos o número de letras de cada nome e sabemos cal ten máis (o máis longo) e cal ten moi poucas (o máis curto)


E recoñecemos as súas vogais







No hay comentarios:

Publicar un comentario