sábado, 27 de febrero de 2021

Un fermoso bico

 Somos uns artistas e profesionais: tanto somos pintores como científicos, coma investigadores... Rematamos os nosos cadros e quedáronnos de categoría!!! Dan ganas de darnos bicos tod@s, pero esta vez vámonos aguantar.






Xa temos na nosa clase un minimuseo moi cuquiño

Semana de Rosalía de Castro

 Esta semana quixemos conmemorar o Día de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes da literatura galega.

Estamos moi contentos de compartir con vós os nosos traballiños, feitos con moito agarimo ao longo de toda a semana para que poidades coñecer un pouco máis a Rosalía. Agardamos que vos gusten!

Escoitamos, bailamos, aprendemos e traballamos o poema de Rosalía "Eu ben vin estar ao moucho".


Ademais...:



Tarxetas de pinzas

 Vamos aprendendo os números xogando coas pinzas. Traballamos o conteo e a relación número-cantidade. Encántannos os xogos de pinzas para traballar a motricidade fina, para así ter máis forza nas nosas manciñas.




14ª Parada: Os afiadores (Esgos)

 Nesta catorceava parada do noso roteiro coñecemos a uns profesionais cuxo oficio marcou a historia de Galicia, Os Afiadores. Investigamos e descubrimos unha linguaxe diferente que só eles coñecían para comunicarse: "o barallete".

Pintamos e ilustramos esas palabras con moito interese




domingo, 21 de febrero de 2021

Arte conxeado

 Unha mestura de arte e ciencia onde experimentamos a transformación de sólido-líquido-sólido e onde desenvolvemos as nosas habilidades motrices finas e a nosa creatividade.

Que formas máis espectaculares! Un experimento fascinante, asegurámosvos que nos encantou













De novo na nosa ecogranxa

 O venres da semana pasada (12 de febreiro) comezamos a ocuparnos de novo da alimentación dos nosos cobaias. Encántanos esta actividade!


El beso de Klimt I

 Esta semana empezamos a pintar un dos bicos máis famosos da historia da arte. Despois de coñecer dunha forma breve a Gustav Klimt, quixemos pintar nós tamén unha das expresións máis famosas do amor, así que empezamos a reproducir a nosa maneira o cadro "El beso" de Gustav Klimt, pero como toda obra de arte estanos levando o seu tempo. Seguro que vos sorprenderemos









13ª Parada: Comercios emblemáticos (Ribadavia)

 Como disfrutamos na nosa visita a Ribadavia. Aprendemos a facer doces hebreos na Tafona da Herminia e nas Nisas, e fixemos unha reproducción con masa de sal dos pipones da Taberna do Papucha.

Visita moi apetitosa!

(Mostrámosvos o principio dos nosos traballos, pero aínda temos que rematalos)





Pelotas numéricas

 Practicamos un xogo que non se trata só de recoñecer os números e aprender a contar, se non tamén para entrenar a coordinación ollo-man, esencial para que aprendamos a escribir.

Seguiremos xogando e aprendendo porque nos encanta







Maxia coas cores

 Nun dos experimentos desta semana combinamos cores para sacar unha cor diferente.

Os nenos/as emocionámonos moito ao ver que da mestura resulta outra cor.

Esta maxia... non se ve todos os días











domingo, 14 de febrero de 2021

Entroooooidoooo!!!

 Esta semana cambiamos o noso recuncho das emocións polo recuncho do entroido, pois era esta unha semana para vivila e sentila intensamente. Visionade todo o que fixemos.



Series entroideiras

 Traballamos as series a través dunha forma tan divertida, como é mediante diferentes personaxes do entroido.








Ademais de realizar series, pudemos aproveitar as personaxes para traballar a relación grafía-cantidade e o conteo.