domingo, 14 de febrero de 2021

E choverá en cores

 Rematamos esta semana con dous dos temas do noso pequeno proxecto de inverno.

Despois de cantar a canción "Y lloverá" que podedes cantar con nós no seguinte enlace, traballamos un montón de grafismos que xa vamos dominando moi ben, e fixemos estos bonitos paraugas.



Visionamos o conto "Hace mucho frío, oso!"

Despois cun pouco de azul claro e escuro, blanco e violeta... por arte de maxia rodeámonos das cores frías do inverno.

Para facer estas obras de arte utilizamos un obxecto que todos temos na casa, e como a profe ten un pouco (ou moito de síndrome de Dióxenes) ensinounos a utilizalo.
(Tamén podemos facelo na casa e ademais de xogar coas cores, practicamos o grafismo horizontal).


No hay comentarios:

Publicar un comentario