sábado, 15 de mayo de 2021

Sementando en galego

 O vindeiro luns é o 17 de maio Letras Galegas e sabedes que este ano a escritora homenaxeada será Xela Arias. Ao longo da semana coñecemos a esta escritora. A profe Manoly debuxounos a Xela e en colaboración cos compañeir@s de 4 e 5 anos puxemos así de bonita a Xela


Pero que mellor forma dee traballar un día tan sinalado que sementando o galego.
Aunamos dúas grandes actividades da semana e sementamos bosques de palabras (nomes de árbores dos nosos montes). Unha homenaxe a nosa lingua e os nosos bosques. Ollade como




 Ademais pintamos a Xela e a nosa Galiza, aínda que o tempo se nos fixo curto e o noso debuxo quedou sen rematar; pero rematarémolo.

E para rematar un bo día tivemos a oportunidade de ver un fermoso traxe galego, coñecemos todas as súas pezas e tamén un montón de instrumentos de percusión, de longa tradición galega que probamos a tocar. Cantamos e bailamos ao son da música galega e todo isto nolo ensinou Lucía (a filla da profe Manoly) que pasou connosco e co resto dos compañeir@s do cole un bo día. Moitas grazas, Lucia.






No hay comentarios:

Publicar un comentario