domingo, 14 de marzo de 2021

8M todos os días

 Queremos formarnos en igualdade, valorar que todas as persoas somos iguais, cos nosos dereitos e oportunidades e que cada quen teña dereito a ser o que queira ser. 

Comezamos a semana celebrando o día das mulleres traballadoras facendo un mural en equipo con algunhas mulleres con historia







Tamén participamos nos xogos no patio co obxectivo de aprender a diferenciar os comportamentos (bos-malos) entre iguais e aprender a actuar correctamente



Ademais ao longo da semana as nosas actividades na clase xiraron entorno a esta temática e traballamos así un montón de contidos.
Manoly troixonos varios libros que nos leu cada día. Eleximos o de Rosa Caramelo para traballar a igualdade de xénero. Visionámolo na pizarra


Pintamos elefantes e conseguimos a degradación do vermello e do negro para chegar ao "rosa caramelo" e ao gris; as cores de Margarita




Fixemos elegantes con rolos de papel (cada un de nós elixiu como facelo)



E como nos encanta cantar e sobre todo a canción "Un elefantes se balanceaba", Manoly utilizouna para que contaramos e identificaramos os números. Só tiñamos que cantar e colocar o elefante co número correspondente na tea de araña. Fixémolo estupendamente!




Outra actividade-xogo, que fixemos foi a dos elefantes e as cadeas. Entre nós correxímonos, engadimos ou quitamos eslabóns da cadea. Encántanos acertar!




No hay comentarios:

Publicar un comentario