sábado, 27 de marzo de 2021

Despedida de trimestre

 Despedimos o trimestre con actividades que nos resultaron moi motivadoras porque necesitabamos actividades coas que gozar para poder relaxarnos un pouquiño porque ao final do trimestre tod@s estamos un pouco cansos.

Rematamos a portada e contraportada para encarpetar os nosos traballiños







A profe Manoly pintounos os pés para decorar as nosas bolsas. Que pés/coelliños máis simpáticos







Chegou a clase unha pitiña con moita cor e... sorpresaaaa!!! o úlitmo día atopámonos que pola noite puxera uns ovos de chocolate riquísimos


Manoly, despediunos así de cargadiños, para que disfrutemos duns días de vacacións. Volveremos tod@s con moita ilusión e pilas recargadas.



DISFRUTADE EN FAMILIA DESTE DESCANSO!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario