domingo, 25 de abril de 2021

Semana do libro

 Durante toda a semana estivemos adicados a traballiños para poder celebrar con éxito o día do libro, venres 23 de abril.

- Escoitamos a profe contarnos contos que nos gustaron moito.




- Pintamos o noso marcapáxinas, que nos quedou precioso








- Eliximos o noso conto preferido, escribimos o seu título e pintamos un debuxo del para colgalo na árbore dos contos.




- Pero ademais rematamos a semana escoitando como os nen@s maiores nos contaban un conto





- E recibimos un importante agasallo





Minimundo para a eiruga

 Seguimos creando e experimentando con novas texturas e sensacións e como nos gusta ter moi contenta a nosa eiruga creamos con plastilina un mundo no que ela de seguro se sentirá moi agustiño. Imaxinádesvolo?







Cantas queres eiruguiña?

 Foron moitas as actividades matemáticas que fixemos coa nosa eiruga esta semana:

- Contamos de moitas maneiras




- Que número vai antes e cal despois?

- Fixemos series






Pero... aínda faremos moito máis

Pintamos como Miró

O cadro elixido nesta ocasión para artistear o noso enfado foi O GALO do pintor MIRÓ.
Picamos o debuxo en porexpán, pintámolo con rodetes nas cores que máis nos gustaron e...quedounos de aplauso!!























Botamos fóra o enfado

 Seguimos coñecendo e recoñecendo a emoción do enfado.

O noso volcán botou fóra toda "a rabia" que tiña escondida, ensinándonos tamén como debemos botar fóra o noso enfado.








Medran as nosas sementes

 No noso horto da clase xa puidemos ver xerminar as nosas sementes. Comprobamos que as primeiras en agromar foron as lentellas, que en tan só 3 días lle saíron os gromos. Máis preguiceiras son as xudías e os garavanzos. Controlaremos canto tempo lles fai falta para que agromen e tamén a altura que alcanzan as nosas plantas.




21º Parada: Torre de O Castro (O Barco de Valdeorras)

 Seguimos percorrendo a comarca de Valdeorras e no Barco atopamos os restos da torre fortaleza de O Castro.

Con barro fixemos as pedras e pedriña a pedriña construímos unha torre semellante a que coñecemos na nosa vitita O Barco