sábado, 10 de abril de 2021

Ola papá/mamá!

  Este terceiro trimestre embarcámonos nun pequeno proxecto que chamaremos "CONTANDO CONTOS". A partir dalgúns contos que iremos elixindo traballaremos un montón de cousas dunha forma divertida.

O noso primeiro conto titúlase "UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA" e tanto a profe Miriam como a profe Manoly ensinaránnos os números, cores, días da semana, vocabulario das froitas... partindo deste conto e para que os papás/mamás coñezades o que estades traballando e sempre nos podades botar unha man (preguntainos, ensinainos vídeos, interesaivos polo noso traballo...) mirade o que temos pensado traballar. Sempre precisamos a vosa axuda.





No hay comentarios:

Publicar un comentario