domingo, 18 de abril de 2021

Un horto na clase

 Temos un Pepe Pelón ao que lle medrou moito o pelo. Teremos que cortarllo un pouquiño, non vos parece? Pronto o invitaremos a nosa casa, para ver se se sente agusto cos nosos coidados


Un conto idóneo para que os nen@s aprendamos a valorar o horto e enteder a súa importancia é UN HORTO NA CASA, que nos leu e ensinou a profe e que nos motivou para levar a cabo unha bonita actividade.

Grazas ás familias que nos aportaron o material necesario, levamos a cabo un experimento científico. Este experimento consiste en introducir unha baeta humida nunha bolsa de conxelados e a continuación, meter nela sementes variadas (xudías, garabanzos, lentellas...). Dentro duns días veremos como lle sae a raíz e o brote.

Queredes ver como traballamos? Ollade!!!:

- Humedecemos baeta e sementes


- "Pescamos" as sementes







- Colocámolas na bolsa






- Xa temos as sementes preparadas


- A medrar!!!







Nas próximas semanas irémosvos contanto a evolución das nosas sementes e o que vamos experimentando e aprendendo con elas.

Ademais da plantación feita na clase, tamén plantamos os primeiros tomates do horno. A ver se podemos probalos




No hay comentarios:

Publicar un comentario