"Chufa era unha xirafa alta e delgada, cun looooongo pescozo moi bonito..." "Pero tiña os xeonllos tortos e unhas patas moi palillos...!"
Así comeza esta tenra e divertida historia dunha xirafa que quería bailar no baile da selva.
- Estreamos o gorro-xirafa que nos fixo a profe para as nosas rutinas de asemblea
- Para saber que lle pasa a Chufa, relemos o conto e ordenamos as imaxes segundo se suceden no conto
- Pero...como tamén nos encanta bailar, bailamos a ritmo de vals, rock e sevillanas e entedemos que "todos podemos bailar se atopamos a nosa música"
No hay comentarios:
Publicar un comentario