Aquí rematamos o curso, o voso 1º ano de Infantil. Aprendestes números, letras, a ordenar tantas cousas, a plantar, a emocionarnos..., pero sobre todo a cantar, a rir e a "abrazar".
Xa sabedes cales son as tarefas para o verán: que leades un contiño cos papás, disfrutade con eles, explorade a natureza, xogade cos amigos, comede un xeado de vez en cando... co tempo aprenderedes que o mellor da vida está nas pequenas cousas.
Recordade que sodes uns campeóns, intentai que a vosa curiosidade non desapareza, inventai, creai e apasionádevos.
Intentei ensinarvos e que disfrutarades aprendendo. Fixestesme sentir xenial, traballei con ilusión pensando que formaba parte da vosa vida.
Síntome orgullosa e feliz de ter sido a vosa profe e de recibir sempre de vós un cariño infinito.
GRAZAS INFINITAS. EXTRAÑAREIVOS UN MONTÓN.
ATA PRONTO E DOCE VERÁN.
A vosa profe Manoly.
No hay comentarios:
Publicar un comentario