domingo, 6 de junio de 2021

Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño)

 Onte, sábado 5 de xuño, celebrouse o día mundial do medio ambiente co lema "Reimaxina, recrea, restaura" unha data tan sinalada é unha oportunidade para concienciarnos unha vez máis sobre a importancia do coidado cada vez máis vital da natureza.

Nós fixémolo cos contos da semana: "O carballo con botas" e "A xacia luviñas" de Anxo Moure (O carballo con botas). Dúas historias que nos gustaron moitísimo, sobre todo a primeira, e a través das cales tomamos conciencia da importancia de coidar o medio ambiente. Nós facémolo a diario, utilizando case sempre material reciclado




Se queredes descubrir connosco que podemos facer para coidar o medio ambiente visionade connosco no seguinte vídeo a obra teatral "Planeta Terra"



No hay comentarios:

Publicar un comentario