sábado, 6 de febrero de 2021

Cores de inverno

 Vimos na pizarra dixital imaxes de inverno, ao ritmo da música de inverno de Vivaldi


Poidemos ver imaxes en cor branca, morada, azul..., cores características do inverno


Despois do visionado das imaxes realizamos unha actividade moi motivadora: simetría con temperas de cores invernais sobre unha cartulina






Por último, observamos os resultados e puidemos ver todo tipo de figuras: osos, bolboretas, águias... Imaxinación ao poder!!!



Sentimos, vivimos e expresamos o inverno

Aos maiores a choiva adóitalles molestar bastante, pero aos nen@s encántanos pasear baixo a choiva e sobre todo equiparnos con botas, paraugas e chuvasqueiro.
Como observamos todas as mañás pola ventá o tempo, na nosa clase, equipámonos para este tempo de choiva realizando grafismos para decorar as nosas prendas.


Series e cartas

 A profe contounos o conto da "Historia dun cadrado". Identificamos cadrados e realizamos series de dous elementos con cadrados de cores.

Que ben o fixemos!




Contamos na clase con diferentes materiais para traballar os números ata o 10; esta semana xogamos coas cartas de inverno (o noso centro de interese) e practicamos o recoñecemento dos números e o conteo con dous xogos que nos propuxo a profe.

Mirade con que interese traballamos








Os tentáculos de Blef volvéronse rosas

 Cada vez que vemos a profe cambiar o noso panel das emocións tratamos de adiviñar que emoción vamos coñecer e preguntámoslle de que cor serían os tentáculos de Blef.

Os tentáculos de Blef son rosa! Este mes será a emoción do amor/amizade a que descubramos. Saberemos: que é?, que nos quere moito e a quen queremos? e como podemos expresalo

Tres foron os libros que lemos esta semana relacionados co amor


 Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi "Abrazos de chocolate" porque os nosos abrazos si saben a chocolate




Clasificación e insertables

 Disfrutamos un montón traballando xuntos na nosa mesa sensorial e esta semana estreamos actividades: clasificación e insertables.

Como estivemos aprendendo co cadrado xogamos a atopalo e diferencialo doutras formas xeométricas. Tamén fixemos torres moi grandes insertando anacos de palliñas, que clasificamos por cores.





11ª Parada: Escudo de Meréns (Cortegada)

 Chegamos a Cortegada na nosa onceava parada e achegámonos o Pazo dos Sarmiento en Meréns onde atopamos o escudo máis grande de Galicia que recolle varios apelidos. A clase de 3 anos xa conta tamén cos escudos dos apelidos dos seus nen@s.








Avanzamos cos nomes

 Esta semana seguimos traballando coas vogais dos nosos nomes e cos nomes. Centrámonos na discriminación visual do nome.

A profe escribíunolo nos nosos libros e a misión do encargado do día é recoñecelos e darnos a cada un o noso libro


Familias podedes escribir os nomes nun folio e xogar cos vos@s fill@s a recoñecelos