domingo, 21 de febrero de 2021

De novo na nosa ecogranxa

 O venres da semana pasada (12 de febreiro) comezamos a ocuparnos de novo da alimentación dos nosos cobaias. Encántanos esta actividade!


El beso de Klimt I

 Esta semana empezamos a pintar un dos bicos máis famosos da historia da arte. Despois de coñecer dunha forma breve a Gustav Klimt, quixemos pintar nós tamén unha das expresións máis famosas do amor, así que empezamos a reproducir a nosa maneira o cadro "El beso" de Gustav Klimt, pero como toda obra de arte estanos levando o seu tempo. Seguro que vos sorprenderemos









13ª Parada: Comercios emblemáticos (Ribadavia)

 Como disfrutamos na nosa visita a Ribadavia. Aprendemos a facer doces hebreos na Tafona da Herminia e nas Nisas, e fixemos unha reproducción con masa de sal dos pipones da Taberna do Papucha.

Visita moi apetitosa!

(Mostrámosvos o principio dos nosos traballos, pero aínda temos que rematalos)





Pelotas numéricas

 Practicamos un xogo que non se trata só de recoñecer os números e aprender a contar, se non tamén para entrenar a coordinación ollo-man, esencial para que aprendamos a escribir.

Seguiremos xogando e aprendendo porque nos encanta







Maxia coas cores

 Nun dos experimentos desta semana combinamos cores para sacar unha cor diferente.

Os nenos/as emocionámonos moito ao ver que da mestura resulta outra cor.

Esta maxia... non se ve todos os días











domingo, 14 de febrero de 2021

Entroooooidoooo!!!

 Esta semana cambiamos o noso recuncho das emocións polo recuncho do entroido, pois era esta unha semana para vivila e sentila intensamente. Visionade todo o que fixemos.



Series entroideiras

 Traballamos as series a través dunha forma tan divertida, como é mediante diferentes personaxes do entroido.








Ademais de realizar series, pudemos aproveitar as personaxes para traballar a relación grafía-cantidade e o conteo.