domingo, 7 de marzo de 2021

15ª Parada: Camiño Mozárabe (Xunqueira de Ambía)

 Foi unha semana de moito traballo: manualidades, cociña, letras, experiencias... a nosa clase ferve.

Na nosa quinceava parada chegamos a Xunqueira de Ambía, para descansar un pouquiño no albergue dos peregrinos porque esta vez percorremos o camiño Mozárabe, que nos troixo ata aquí:

- Fixemos o noso camiño sobre unha masa de pizza e forneámolo




- Pintámolo


Gústavos o noso traballo?




Cociñamos con Blef

 Blef quixo preparar un biscoito e nós quixemos imitalo. Fixemos magdalenas de chocolate. Fainos moita ilusión meternos na cociña e desgustar o que nós mesmos somos capaces de facer. Explicámosvos o que fixemos



A vergoña I

 Co novo mes empezamos nova emoción


Siiii, seguro  que xa adiviñastes cal é. É a vergoña e os tentáculos de Blef tornáronse verdes


Nós tamén ás veces, pero só ás veces, sentimos vergoña


E pintamos a nosa vergoña, que nos quedou así de chuli






Experimentamos coa luz

 Na mesa de luz traballamos as cores con láminas de papel  celofán: amarela, azul e vermella (cores primarias). Presentamos as láminas unha a unha, identificamos as cores e coa superposición das láminas, conseguimos novas cores (laranxa, verde e morada)









Seguimos experimentando co xeo

 Xa o sabedes, pero non nos cansamos de repetírvolo: encántannos os experimentos! Permítennos divertirnos e aprender ao mesmo tempo

Fixemos xeados. Tocámolos e observamos que eran de cor branca, transparente e verde

Usamos unha cartolina e pintamos cos xeados nela (serviunos como base para pintar a nosa vergoña)




Cun funil e unha xerra comprobamos que non podiamos introducir o xeo no funil


Pero foi divertido ver como o xeo se derretía e entón a auga si podía caer polo funil


Canto aprendemos!


Rematamos mural

 No noso corredor do cole xa loce o mural feito por todo o alumnado. Un bonito traballo en equipo. Gústavos??

Este é o noso traballo



Sorpresa!!!

 Comezamos semana cunha merenda sorprendente. Nada máis, nin nada menos que degustando os doces hebreos da Tafona das Nisas (Ribadavia)





E como é de ben nacidos, ser agradecidos, dámoslle as grazas a filla da profe Manoly, que nos mandou estos exquisitos doces. Xa temos ganas de máis!