domingo, 6 de junio de 2021

Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño)

 Onte, sábado 5 de xuño, celebrouse o día mundial do medio ambiente co lema "Reimaxina, recrea, restaura" unha data tan sinalada é unha oportunidade para concienciarnos unha vez máis sobre a importancia do coidado cada vez máis vital da natureza.

Nós fixémolo cos contos da semana: "O carballo con botas" e "A xacia luviñas" de Anxo Moure (O carballo con botas). Dúas historias que nos gustaron moitísimo, sobre todo a primeira, e a través das cales tomamos conciencia da importancia de coidar o medio ambiente. Nós facémolo a diario, utilizando case sempre material reciclado




Se queredes descubrir connosco que podemos facer para coidar o medio ambiente visionade connosco no seguinte vídeo a obra teatral "Planeta Terra"



Primeiros animais da nosa selva

 Diferenciamos cores, amasamos, ablandamos, separamos, unimos... e ademais aprendemos os diferentes tamaños e proporcións. Comezamos así a crear o noso minimundo "O baile na selva" Empezamos!!






Vaia artistas!!!

 Ao longo do noso proxecto sobre Chufa, unha das cousas que temos xa clara, clarísima, é que as xirafas teñen un pescozo moi longo, así que con este coñecemento facemos arte con liñas, montañiñas, curvas... e coa xirafa Chufa. Que chuli!!!






Chufa

 "Chufa era unha xirafa alta e delgada, cun looooongo pescozo moi bonito..." "Pero tiña os xeonllos tortos e unhas patas moi palillos...!"

Así comeza esta tenra e divertida historia dunha xirafa que quería bailar no baile da selva.

- Estreamos o gorro-xirafa que nos fixo a profe para as nosas rutinas de asemblea


- Para saber que lle pasa a Chufa, relemos o conto e ordenamos as imaxes segundo se suceden no conto

- Pero...como tamén nos encanta bailar, bailamos a ritmo de vals, rock e sevillanas e entedemos que "todos podemos bailar se atopamos a nosa música"






Tiramos o dado!

 Durante esta semana contamos con novo material de conteo para a nosa asemblea ABN que nos trouxo o conto "As xirafas non poden bailar".

Coñecemos aos animais da selva e démoslles de comer a súa comida preferída. Tantas racións como nos mandou o dado.

Recoñecemos os números, repasamos co dedo a súa grafía e contamos: quen comeu máis?, cantos tiveron a mesma ración de comida? Ollade!!!



Entre a xelatina...

 Nova textura para a nosa mesa sensorial. Como a disfrutamos! Algún de nós ata se lavou e refrescou con ela...






lunes, 31 de mayo de 2021

Rematamos

 Xa vos contamos que o último dos artistas elixidos para coñecer e imitar no noso proxecto "EmociónArte" era Monet (emoción: "calma")

Unha veza secada a pintura do noso pintado con limpacristais, empregamos a técnica puntullista dando golpiños co pincel sobre a superficie do noso cadro



Engurramos papel de seda branco e pintámolo




Unha veza seco fixemos os nenúfares que tanto lle gustaban a Monet con papel para magdalenas e o papel engurrado e pegámolos


E que chuliii!!! a nosa pequena obra de arte está xa rematada


Esta é a exposición final de todas as nosas obras de arte feitas durante o curso. Gústavos?

Pronto teredes a oportunidade de ollalas connosco