Xa rematou o período de espera. Estabamos ansiosos por levar o noso perfume a casa.
Despois de colalos, envasalos, ulilos e etiquetalos, cada un escolleu o seu e levámolos a casa.
Que contentos co noso experimento!! Que ben ule!!
Ola familias! Quero darvos a benvida ao blog da nosa clase, a clase dos peques do Xurés, os nen@s de 3 anos. Neste blog queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos do CEIP Plurilingüe do Xurés (Lobios)
Xa rematou o período de espera. Estabamos ansiosos por levar o noso perfume a casa.
Despois de colalos, envasalos, ulilos e etiquetalos, cada un escolleu o seu e levámolos a casa.
Que contentos co noso experimento!! Que ben ule!!
Onte, sábado 5 de xuño, celebrouse o día mundial do medio ambiente co lema "Reimaxina, recrea, restaura" unha data tan sinalada é unha oportunidade para concienciarnos unha vez máis sobre a importancia do coidado cada vez máis vital da natureza.
Nós fixémolo cos contos da semana: "O carballo con botas" e "A xacia luviñas" de Anxo Moure (O carballo con botas). Dúas historias que nos gustaron moitísimo, sobre todo a primeira, e a través das cales tomamos conciencia da importancia de coidar o medio ambiente. Nós facémolo a diario, utilizando case sempre material reciclado
Se queredes descubrir connosco que podemos facer para coidar o medio ambiente visionade connosco no seguinte vídeo a obra teatral "Planeta Terra"
Diferenciamos cores, amasamos, ablandamos, separamos, unimos... e ademais aprendemos os diferentes tamaños e proporcións. Comezamos así a crear o noso minimundo "O baile na selva" Empezamos!!
Ao longo do noso proxecto sobre Chufa, unha das cousas que temos xa clara, clarísima, é que as xirafas teñen un pescozo moi longo, así que con este coñecemento facemos arte con liñas, montañiñas, curvas... e coa xirafa Chufa. Que chuli!!!
"Chufa era unha xirafa alta e delgada, cun looooongo pescozo moi bonito..." "Pero tiña os xeonllos tortos e unhas patas moi palillos...!"
Así comeza esta tenra e divertida historia dunha xirafa que quería bailar no baile da selva.
- Estreamos o gorro-xirafa que nos fixo a profe para as nosas rutinas de asemblea
- Para saber que lle pasa a Chufa, relemos o conto e ordenamos as imaxes segundo se suceden no conto
- Pero...como tamén nos encanta bailar, bailamos a ritmo de vals, rock e sevillanas e entedemos que "todos podemos bailar se atopamos a nosa música"
Durante esta semana contamos con novo material de conteo para a nosa asemblea ABN que nos trouxo o conto "As xirafas non poden bailar".
Coñecemos aos animais da selva e démoslles de comer a súa comida preferída. Tantas racións como nos mandou o dado.
Recoñecemos os números, repasamos co dedo a súa grafía e contamos: quen comeu máis?, cantos tiveron a mesma ración de comida? Ollade!!!
Nova textura para a nosa mesa sensorial. Como a disfrutamos! Algún de nós ata se lavou e refrescou con ela...