Xa temos todos os animais preparados para o baile da selva. Quédanos montarlles o decorado. Todos están preparados: xirafa, mono, elefante, rino...
Ola familias! Quero darvos a benvida ao blog da nosa clase, a clase dos peques do Xurés, os nen@s de 3 anos. Neste blog queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos do CEIP Plurilingüe do Xurés (Lobios)
domingo, 13 de junio de 2021
Creamos a Chufa
Montón de figuras xeométricas
Identificamos, clasificamos, repasamos e relacionamos as figuras xeométricas e disfrutamos da interactividade da aprendizaxe a través do xogo
Os amigos de Chufa
Motivados e interesados nos xogos matemáticos esta semana practicamos o recoñecemento da grafía dos números, a asociación número-cantidade, o conteo e os conceptos máis que, menos que. Unha actividade que nos gusta moito
A xirafa non ten voz!!
Esta semana soubemos que as xirafas non teñen voz. Sabiádelo?? Nós soubémolo ao visionar o conto da semana. Un precioso conto titulado "No hace falta la voz". Podemos velo xuntos??
Xogar e experimentar
Mediante o xogo simbólico e os materiais que utilizamos, seguimos experimentando e disfrutando. Nesta ocasión amasamos, modelamos, e... cocemos o noso pan!!
Envasado
Xa rematou o período de espera. Estabamos ansiosos por levar o noso perfume a casa.
Despois de colalos, envasalos, ulilos e etiquetalos, cada un escolleu o seu e levámolos a casa.
Que contentos co noso experimento!! Que ben ule!!





































