domingo, 13 de junio de 2021

Gozando dun día especial

 Achegámonos ao final do noso primeiro ano no cole, xa estamos algo cansiños, por iso os profes buscan saír un pouquiño da rutina diaria e aproveitando o bo tempo fixéronnos disfrutar dun bonito día de andaina, comida e baile. Que ben o pasamos!!!







Chufa, mono, elefante...

 Xa temos todos os animais preparados para o baile da selva. Quédanos montarlles o decorado. Todos están preparados: xirafa, mono, elefante, rino...





Creamos a Chufa

Aprendemos a desenvolver o tacto e a creatividade, pero temos un montón de cosquillas e rimos a fartar














Montón de figuras xeométricas

 Identificamos, clasificamos, repasamos e relacionamos as figuras xeométricas e disfrutamos da interactividade da aprendizaxe a través do xogo







Os amigos de Chufa

 Motivados e interesados nos xogos matemáticos esta semana practicamos o recoñecemento da grafía dos números, a asociación número-cantidade, o conteo e os conceptos máis que, menos que. Unha actividade que nos gusta moito










A xirafa non ten voz!!

 Esta semana soubemos que as xirafas non teñen voz. Sabiádelo?? Nós soubémolo ao visionar o conto da semana. Un precioso conto titulado "No hace falta la voz". Podemos velo xuntos??




Xogar e experimentar

 Mediante o xogo simbólico e os materiais que utilizamos, seguimos experimentando e disfrutando. Nesta ocasión amasamos, modelamos, e... cocemos o noso pan!!