miércoles, 23 de junio de 2021

Rematamoooss!!!

 Foron días dun traballar contínuo, pero mereceu a pena.

Pintamos para decorar as bolsas para os nosos traballiños







Vede o resultado



Picamos, pintamos e derramamos area para crear as nosas portadas








Pero... non todo foi traballo, tamén tocou festa e merenda e agasallos dos que disfrutamos


Final do noso roteiro

 Este luns quixemos que toda a comunidade educativa disfrutase con nós e nos axudasen na nosa gymkana que preparamos para dar a coñecer o noso traballo no proxecto anual do cole: ROTEIRO TERMAL.

Na nosa parada mostramos todo o que se fixo no cole das comarcas de Viana do Bolo, Monterrei e Verín. Que orgullosos nos sentimos do nos traballo!!





Grazas aos papás de Fernando que tantos nos axudaron e coidaron ao longo da mañá no nos percorrido.

Pintamos sen patróns

 Como necesitábamos serenarnos e tranquilizarnos un pouquiño saímos ao patio a disfrutar, divertirnos e a expresarnos sen patróns preestablecidos. Como disfrutamos!!




E como temos o cosquilleo da arte nas nosas cabeciñas, sobre a nosa tela pintada estampamos e estampamos sen cansar



E así decoramos a nosa clase para que non se sinta tan vacía durante as nosas vacacións




O baile da selva

 Chufa non podía rematar o curso triste. Aprendeu a bailar e rodeada dos mellores amigos!

Que marionetas fixemos de Chufa! Baila e móvese soa!

E, coas nosas manciñas eliximos e creamos os amigos de Chufa. Divertido baile!



Twister!!

 Esta última semana repasamos: figuras xeométricas, cores, conceptos, números, pero...como o fixemos? XOGANDOOO!!! porque o xogo foi a motivación da aprendizaxe da nosa clase durante todo o curso.

Pé dereito no cadro azul, man esquerda no círculo vermello...O TWISTER!! Divertímonos moito a vez que reforzamos os nosos coñecementos.









domingo, 13 de junio de 2021

Gozando dun día especial

 Achegámonos ao final do noso primeiro ano no cole, xa estamos algo cansiños, por iso os profes buscan saír un pouquiño da rutina diaria e aproveitando o bo tempo fixéronnos disfrutar dun bonito día de andaina, comida e baile. Que ben o pasamos!!!







Chufa, mono, elefante...

 Xa temos todos os animais preparados para o baile da selva. Quédanos montarlles o decorado. Todos están preparados: xirafa, mono, elefante, rino...