Esta semana cambiamos o noso recuncho das emocións polo recuncho do entroido, pois era esta unha semana para vivila e sentila intensamente. Visionade todo o que fixemos.
Ola familias! Quero darvos a benvida ao blog da nosa clase, a clase dos peques do Xurés, os nen@s de 3 anos. Neste blog queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos do CEIP Plurilingüe do Xurés (Lobios)
domingo, 14 de febrero de 2021
Series entroideiras
Traballamos as series a través dunha forma tan divertida, como é mediante diferentes personaxes do entroido.
Ademais de realizar series, pudemos aproveitar as personaxes para traballar a relación grafía-cantidade e o conteo.
E choverá en cores
Rematamos esta semana con dous dos temas do noso pequeno proxecto de inverno.
Despois de cantar a canción "Y lloverá" que podedes cantar con nós no seguinte enlace, traballamos un montón de grafismos que xa vamos dominando moi ben, e fixemos estos bonitos paraugas.
12ª Parada: Canón do Río Arnoia (A Arnoia)
Esta semana encantounos o tema que nos tocou traballar na nosa doceava parada "O canón do Río Arnoia", o seu bosque autóctono.
Para coñecer o bosque fixemos unha saída polo monte dos arredores do colexio. Coñecemos de preto carballos, piñeiros e viñedos, o bosque que se repite no canón. Vede que ben o pasamos!
E como tamén recollemos terra no monte, e cada un de nós a nosa plantiña do carballo, ao chegar ao cole plantámolos e irémolos coidando para ver come medran
Recreamos o que vimos no monte e o visionado na pantalla sobre o canón do Arnoia no noso minimundo. Que ben o fixemos, ata soubemos facer o río, o Arnoia.
Parellas e letras
Coas tarxetas do inverno traballamos a agudeza visual buscando parellas e as letras de cada palabra. Xa coñecemos a maior parte das letras do abecedario e recoñecémolas nas palabras relacionadas co inverno.
sábado, 6 de febrero de 2021
Taller de máscaras
Nestes días a nosa clase xa comeza a encherse de cor e grandes doses de ilusión para preparar o noso entroido.
Este ano, un entroido diferente, pero os peques do Xurés vivirémolo con ilusión.
Como este no queremos coñecer as máscara máis típicas da nosa provincia, a profe tróixonos a clase a máscara da personaxe propia de Xinzo de Limia: A PANTALLA. A algúns asustounos, pero algún valente atrevéuse a lucila.
Tamén para participar co resto dos compañeir@s do cole na elaboración de máscaras, fixemos unha de moita cor: O Boteiro de Viana do Bolo. Que bonita nos quedou!
Non esquezades participar durante esta semana nos mandados do meco




























