viernes, 19 de marzo de 2021

Espertamos os nosos sentidos!

 Cada nen@ tivemos un bandexa sensorial: sal, fariña, azucre moreno e pan relado. A actividade foi totalmente libre, polo que poidemos experimentar e explorar ao noso antollo o material. Así tivemos oportunidade de: tocar, manipular, ulir, saborear, ver, facer debuxos, escribir letras, números e apilar e exparexer o contido. Rotamos nas bandexas e o rematar compartimos impresións e sensacións.








Xul Solar

 Estamos remantando coas sesións adicadas a emoción da vergoña. O noso pintor elixido foi Xul Solar e o seu cadro "Mi pray per to min guardianjo". As técnicas empregadas na súa realización foron: punteado, raiado, plastilina, picado... Uf, canta actividade!, pero ollade que bonitos quedaron os nosos cadros






Conteo- Flores para os nosos elefantes

 Como os nosos elefantes comen moitas anémonas e peonias esta semana practicamos a relación número-cantidade dándolle a cada elefante as flores que nos indica o seu número.







Carballos

 Seguimos coidando os nosos carballos porque esta semana necesitaron auga. Xa parece que medraron!



domingo, 14 de marzo de 2021

16ª parada: Chaioso, pobo pantasma (Maceda)

 Pantasmas, meigas, monstros...son os protagonistas no pobo pantasma de Chaioso (Maceda), na súa festa do verán, a onde nos achegamos na 16ª parada do roteiro.

Aos peques do Xurés non nos asustan as pantasmas.

Queredes ver como fixemos un experimento con pantasmiñas espumosos cheos de cor e diversión? Ollade o vídeo




8M todos os días

 Queremos formarnos en igualdade, valorar que todas as persoas somos iguais, cos nosos dereitos e oportunidades e que cada quen teña dereito a ser o que queira ser. 

Comezamos a semana celebrando o día das mulleres traballadoras facendo un mural en equipo con algunhas mulleres con historia







Tamén participamos nos xogos no patio co obxectivo de aprender a diferenciar os comportamentos (bos-malos) entre iguais e aprender a actuar correctamente



Ademais ao longo da semana as nosas actividades na clase xiraron entorno a esta temática e traballamos así un montón de contidos.
Manoly troixonos varios libros que nos leu cada día. Eleximos o de Rosa Caramelo para traballar a igualdade de xénero. Visionámolo na pizarra


Pintamos elefantes e conseguimos a degradación do vermello e do negro para chegar ao "rosa caramelo" e ao gris; as cores de Margarita




Fixemos elegantes con rolos de papel (cada un de nós elixiu como facelo)



E como nos encanta cantar e sobre todo a canción "Un elefantes se balanceaba", Manoly utilizouna para que contaramos e identificaramos os números. Só tiñamos que cantar e colocar o elefante co número correspondente na tea de araña. Fixémolo estupendamente!




Outra actividade-xogo, que fixemos foi a dos elefantes e as cadeas. Entre nós correxímonos, engadimos ou quitamos eslabóns da cadea. Encántanos acertar!




Xa temos flores e leitugas

 As tardes de sol gústanos moito aproveitalas e como a nosas plantiñas necesitan dos nosos coidados, disfrutamos regándoas, ulíndoas e observando as súas cores. Ollade que bonito horto temos