Para facer a nosa primeira eiruga utilizamos globos. Estampamos con globos pintura verde e vermella
Que bonita nos quedou
Ola familias! Quero darvos a benvida ao blog da nosa clase, a clase dos peques do Xurés, os nen@s de 3 anos. Neste blog queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos do CEIP Plurilingüe do Xurés (Lobios)
Para facer a nosa primeira eiruga utilizamos globos. Estampamos con globos pintura verde e vermella
Que bonita nos quedou
Coa chegada da primavera, decidimos darlle un cambio a nosa clase, que aínda estaba a tremer co frío do inverno... Queredes ver como nos está quedando?
Como nos gusta a nós a primavera
Nesta ocasión a emoción que estamos coñecendo é o ENFADO/RABIA: como o manifestamos?, por que nos enfadamos?, como podemos botar fóra o enfado?...
Os tentáculos de Blef puxéronse vermellos porque estaba mooooooi enfadado e contounos porque ese sentía así e como conseguiu xestionar o seu enfado. Se queredes vémolo xuntos no seguinte enlace
E como xa somos grandes artistas, desta volta, atrevémonos a coñecer a un gran pintor: "MIRÓ" e tentaremos reproducir o seu cadro "O GALO"
Comezamos pintando a cartolina que nos servirá como fondo para os nosos cadros, sabedes como? con canicas!!!
Mirádenos como disfrutamos
No niño do noso galiñeiro apareceron un montón de ovos e temos que contalos e clasificalos para que cada galiña teña os seus
Que cansadiños chegamos a esta parada despois da longa ruta que estamos facendo! Pero aquí, no Larouco, na comarca de Valdeorras, repuxemos forzas na "Festa do Cordeiro".
Compartimos banquete cos nen@s de 4 e 5 anos e despois de comer nunha vaixela, decorada por "a clase dos maiores" desgustamos uns cordeiriños-galleta riquísimos que fixo a profe Manoly.
Ademais os nos@s compañeir@s agasalláronos cuns bonitos recordos
Ademais como nos gusta moitísimo traballar coas nosas manciñas, mirade o que fixemos para non esquecer esta festa.
Despedimos o trimestre con actividades que nos resultaron moi motivadoras porque necesitabamos actividades coas que gozar para poder relaxarnos un pouquiño porque ao final do trimestre tod@s estamos un pouco cansos.
Rematamos a portada e contraportada para encarpetar os nosos traballiños
Como nos gustou tanto o chocolate, esta semana volvemos disfrutar con el, facendo nós mesmos as nosas piruletas de Pascua. Quedáronnos super!!! Seguro que algún papá/mamá se lles antollou un anaquiño.