Esta semana a profe Mirian prestounos un taboleiro para traballar a temática da Paz mediante os escornabots. Que ben o pasamos!!!
Ola familias! Quero darvos a benvida ao blog da nosa clase, a clase dos peques do Xurés, os nen@s de 3 anos. Neste blog queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos do CEIP Plurilingüe do Xurés (Lobios)
jueves, 28 de enero de 2021
sábado, 23 de enero de 2021
A vaca amarela (Franz Marc)
Levamos mascarillas, pero seguimos sorrindo poque na clase continuamos traballando, aprendendo, pensando...na alegría e na arte para expresala
Esta semana traballamos moitísimooooo. Coñecemos a Franz Marc e o seu cadro "La vaca amarilla".
A profe fíxonos pensar coa frase:
"Si eu fose unha vaca viviría feliz en...?": na praia (Ema), no parque (Lara), co seu filliño (Antón), nas montañas (Fernando).
Unha vez que pensamos, pintamos o espazo no que pensamos que a nosa vaca estaría feliz
Despois pensamos en facer a nosa vaca sobresaíndo do cadro, como? con papel maché que nós mesmos fixemos na clase
Cubrimos a silueta da vaca co papel e deixámola secar. Despois pintámola. Admirade o resultado final
Que alegre está a nosa vaca!
Trasvases
Esta semana estreamos nova actividade, a mesa sensorial, que nos aumenta as posibilidades de aprender xogando.
A primeira actividade que fixemos consistiu e saber manexar pinzas e culleres para travase de pompóns e arroz, clasificación de pompóns por tamaños (grande/pequeno)
Parece sinxelo, pero é un grande exercicio de motricidade fina.
Que ben o fixemos!
Rolos de papel
Disfrutamos dunha actividade de psicomotricidade que nos preparou a profe con rolos de papel hixiénico, na que puidemos tirar e tirar, trocear, rasgar, facer bolas, pequenas montañas... Moita diversión e alegría
E tod@s xuntos recollemos todo o papel e deixamos a clase limpiña
9ª Parada: Capela de San Roque (Leiro)
A actividade desta semana, colaborando no proxecto do cole, foi a de facer e formar un puzzle de tres pezas da imaxe de San Roque con diferentes texturas, representando a "San Roque Peregrino" que podemos visitar na Capela de San Roque de Beade (Leiro).
Na primeira peza pegamos anaquiños de papel de seda
Na segunda peza puxemos virutas, sal e pintamos
Como falan as vogais?
Empezamos a familiarizarnos coas vogais maiúsculas: os seus nomes, os seus sons e as súa grafía.
Na asemblea traballamos moito as letras a través do nome do noso encargado/a. Vémolas escritas, escoitámolas, reproducimos o son e buscamos palabras que comecen por cada unha (isto podedes facelo con nós na casa, a modo de xogo e así seguiremos aprendendo)
Con esta idea facemos este xogo con tarxetas: eliximos tarxeta, marcamos o son inicial e clasificámolas segundo empecen por unha ou outra vogal (ao longo do trimestre iremos cambiando as tarxetas).
Canto aprendemos!
Aquí temos vídeos se queremos escoitalas na casa
Comparamos os nomes, contamos o número de letras de cada nome e sabemos cal ten máis (o máis longo) e cal ten moi poucas (o máis curto)
Que roupa pomos no inverno?

E seguimos reforzando a nosa motricidade fina coa realización de grafismos.
Que abrigadiños!

















































