sábado, 22 de mayo de 2021

Experimento en proceso (Perfumes)

 Comprobamos que os nosos perfumes xa están adquirindo olor.

Eliximos xa os que máis nos gustan, tanto polo seu olor como pola súa cor, pero aínda temos que deixalos reposar algún días para que o proceso do experimento sexa completo





Vaia colleita!

 No noso horto xa recollemos os nosos primeiros guisantes e unhas xeitodas leitugas. Probamos os guisantes, pero poucos nos gustaron!






Xogamos coas figuras xeométricas

 Como xa diferenciamos e aprendemos varias figuras xeométricas, esta semana xogamos a clasificalas, contalas e a facer series con elas. Gústannos tanto que no noso tempo de xogo tamén botamos man delas e seguimos aprendendo.



24ª Parada: A Casa do Escudo (Verín)

 Nesta parada rematamos a ruta por concellos e vilas con augas termais.

En Verín, coñecemos a Casa do Escudo e axudámoslle a profe a "facela en pequeniño" para que teñamos un recordo dela. Gústavos?



Sobre animais

 Interesante a proposta desta semana dos nosos contos: o traballo en equipo ("Os chibos chibóns" traballan en equipo para trazar un plan) e o ben que nos sentimos cando sabemos compartir ("El pez arco iris")


 Podemos velos na casa, as veces que queiramos, nos seguintes enlaces




sábado, 15 de mayo de 2021

Sementando en galego

 O vindeiro luns é o 17 de maio Letras Galegas e sabedes que este ano a escritora homenaxeada será Xela Arias. Ao longo da semana coñecemos a esta escritora. A profe Manoly debuxounos a Xela e en colaboración cos compañeir@s de 4 e 5 anos puxemos así de bonita a Xela


Pero que mellor forma dee traballar un día tan sinalado que sementando o galego.
Aunamos dúas grandes actividades da semana e sementamos bosques de palabras (nomes de árbores dos nosos montes). Unha homenaxe a nosa lingua e os nosos bosques. Ollade como




 Ademais pintamos a Xela e a nosa Galiza, aínda que o tempo se nos fixo curto e o noso debuxo quedou sen rematar; pero rematarémolo.

E para rematar un bo día tivemos a oportunidade de ver un fermoso traxe galego, coñecemos todas as súas pezas e tamén un montón de instrumentos de percusión, de longa tradición galega que probamos a tocar. Cantamos e bailamos ao son da música galega e todo isto nolo ensinou Lucía (a filla da profe Manoly) que pasou connosco e co resto dos compañeir@s do cole un bo día. Moitas grazas, Lucia.






Os peques do Xurés plantámoslle cara ao lume

 Para rematar a semana involucrámonos no proxecto "Plantámoslle cara ao lume". Soubemos do problema que supoñen os incendios, identificamos as necesidades do noso entorno co obxectivo de poder melloralo e tivemos a oportunidade de transplantar os carballos que tan ben coidamos ata hoxe e algún castiñeiro que nos regalaron. Ollade os vídeos para que vexades o día máis estupendo que pasamos.