domingo, 8 de noviembre de 2020

Artistas

 No noso recuncho das emocións esta semana coñecemos a nosa mascota "Blef" e os seus tentáculos, que están de cor morada porque é a cor que eliximos para representar o medo.


Axudounos a abrir a nosa caixa comemedos e quedamos sorprendidos, cando ao facer o reconto, comprobamos que algúns dos nosos medos que tiñamos gardados nela, desapareceran.




Contamos o conto "Monstruos patas arriba" que nos gustou moitísimo e que aos nen@s lles encanta ollar e contar entre eles.



Deixovos o vídeo por se o queredes ver na casa



Investigamos e descubrimos que un pintor noruego chamado Munch, pintou o medo nun cadro titulado "El grito" e con este cadro iniciámonos na arte e como Munch pintamos o noso medo. Puxemos a mesma cara do personaxe de Munch


Mostrámosvos como o fixemos no seguinte vídeo






No hay comentarios:

Publicar un comentario