Esta foi unha semana repleta de actividades para preparar o magosto e aprender cousiñas dunha das nosas festas máis tradicionais.
Empezamos a semana decorando a clase con fermosas creacións feitas polos nen@s con axuda das familias. Grazas familias.
Decoramos a nosa castaña que rebentou coa risa para decorar a porta e os nosos envases para as castañas con material reciclado
E, como nos encanta a música tamén fixemos o noso pandeiro, pintándoo primeiro e estampando castañas (castañas feitas dunha pataca)
Mirade que ben soa o noso pandeiro
Chegou por fin o gran día, o día da festa, e os nen@s do cole pasámolo moi ben no "Monte de San Roque" compartindo comida, castañas asadas e diversión, nunha xornada de celebración do outono. Que vivan as castañas! Que viva o magosto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario