domingo, 29 de noviembre de 2020

Tristeza 1

 Esta semana ao entrar na clase atopamos que o noso recuncho das emocións mudara de cor e... tamén os tentáculos de Blef! Agora eran azuis. Entón a profe explicounos que Blef estaba triste e a súa tristeza é azul.

Durante este mes, vamos saber de que cor é a nosa tristeza e coñeceremos a unha pintora que semellaba estar sempre triste FRIDA KAHLO. Veredes canto vamos aprender con esta muller


Lemos o conto "Lágrimas bajo la cama" e o de "Blef". Vimos imaxes de como é a cara que pomos cando estamos tristes (aínda que a algún nos costou moito expresar esta emoción)






Seguirémosvos contando cousiña de como imos recoñecendo esta emoción

No hay comentarios:

Publicar un comentario