domingo, 15 de noviembre de 2020

2ª parada: Aquis Querquennis (Bande)

 A segunda parada do roteiro termal é no noso Concello de Bande. A nosa encargáronnos facer unha investigación do campamento romano "Aquis Querquennis" e como somos grandes investigadores estivemos así de atentos ao visionado do vídeo que a profe nos puxo na pantalla.



 Grazas a Asociación Civitas Limicorum de Xinzo de Limia (a vila da nosa profe) que nos prestou un fermoso traxe de soldado romano. Vimos cada unha das súas parte e fomos facendo o noso. Pasámolo moi ben pintando, aínda que tamén pintamos as mans, a mesa, o mandilón, en fin..., cousas que pasan... menos mal que xa estamos acostumado ao lavado de mans e as mamás fixeron o resto.

Ollade canto traballamos e que guapos vamos estar















E unha investigadora moi interesada no seu traballo ata visitou o Aquis Querquennis para traernos información




Grazas Lara

No hay comentarios:

Publicar un comentario