domingo, 29 de noviembre de 2020

4ª Parada: Feira Medieval (O Carballiño)

 Dende Ourense desprazámonos esta semana ata O Carballiño para achegarnos a época medieval, protagonista da súa feira medieval "A Liorta".

Céntramonos no seu mercadillo medieval sobresaínte nesta feira e, como nos encantan as manualidades, fixemos un montón de cousiñas para o noso posto neste mercadillo.

COLARES

Fixemos colares con macarróns tinguidos que nos serviron para traballar a motricidade fina







COROAS:

Pintamos pratos, a profe recortounos e fíxonos unha coroa que nós decoramos





DRAGÓNS:

Pintamos de cor verde rolos de papel hixiénico e pegámoslle papeis de seda na boca. Ao sopralos semella que o dragón cuspe lume. Que divertido!


MAZAS:

Arrugamos e apretamos papel de periódico e fixemos unhas fortes mazas para as loitas medievais corpo a corpo








Engadímoslle a noso mercadillo unha noria, farolillos e escudos medievais



E, como para comprar e vender no mercado fan falta moedas, a profe deunos uns portamoedas con moedas medievais para que puideramos visitar o mercadillo

Que comece o mercadillo medieval!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario