domingo, 1 de noviembre de 2020

Emocionarte

 Daniel Goleman define a educación emocional como a capacidade de recoñecer os nosos propios sentimentos e os dos demais, de motivarnos e manexar adecuadamente as relacións.

Este ano considero máis que nunca a importancia de axudarlle positivamente aos nen@s no seu desenvolvemento emocional.

Tendo en conta que o mes de outubro é o mes do medo, traballarémolo na clase dende distintas prespectivas, adaptándoo ao nivel dos nen@s.


E entón...

Puxemos cara de medo e a profe escribiu cales eran os nosos medos

Despois dobregamos moi ben o papeliño e démoslle de comer "O monstro comemedos" todos os nosos medos. Sabemos que metemos na súa boca 6 papeliños. Irémolos contando cada día, a ver que medos van desaparecendo.







Ademais, aproveitando o fermoso día de sol que tiñamos, a profe contounos no noso patio un conto relacionado co medo "Augusta e os seus medos". Disfrutamos moito del!





No hay comentarios:

Publicar un comentario